viernes, 19 de mayo de 2017

A PEDRA DA MOURA ENCANTADA 2

De manipulacións, acentifismo, cacicadas e falta de rigor. 



Fai uns meses publicouse no xornal Diario de Pontevedra unha especie de publireportaxe disfrazado de nova, do Centro de Interpretación dos Petróglifos de Mogor, no que din algunhas cousas que farian avergoñar a calqueira con un minimo de formación e sensibilidade historica. A raiz dese feito fixenme a seguinte pregunta: ¿En mans de quen deixamos a preservación e divulgacion da nosa historia?

E ben sabido a estas alturas que as politicas de protección e divulgacion do patrimonio por parte da Xunta de Galicia e os seus organismos estan mais enfocadas o negocio dos amigos que o rigor centifico, pero ainda así da noxo apreciar a que estremos de manipulación se pode chegar.

Os petróglifos galegos constituen unha das mais senlleiras e atractivas manifestacións da Arte Prehistorica e que conta con milleiros de rochas espalladas por todo o territorio, e que a Xunta de Galicia mantén de forma intencionada en un estado de absoluto abandono. Digo que é de forma intencionada, pois podendo evitalo non o fai, desviando recursos a varios chiringuitos seudoinformativos en mans, que casualidade, de familiares de membros do Partido Popular.

Tal acontece co Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro, onde a pesares de unha inversión millonaria na sua montaxe non foi quen de coidar as rochas e as instalacións que tanta inversión pública requeriron e que estan baixo a sua responsabilidade.

Artigo de José Manuel Rey no Faro de Vigo


Tampouco e de estrañar xa que se encontra dirixido por unha persona cuxa profesionalidade ( a raiz de algunhas publicacións ) é manifestamente mellorable.

Unha delas e a publicada no xornal Faro de Vigo con motivo do centenario do nacemento de Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza na que baixo unha foto de éste posando enriba da Pedra da Moura Encantada, na que o seu motivo principal atópase remarcado con pintura branca e manipulados os seus trazos para semellalo a figura de un labirinto de tipo mediterraneo, di o seguinte:

...as enigmaticas figuras dos labirintos clásicos, ou de sete voltas, que atopan na Pedra do Labirinto de Mogor o mais canónico dos prototipos

Si algo se lle debe esixir a un cientifico, e o rigor, tanto no manexo dos conceptos canto na descripción dos obxectos, e si falamos de canónico por forza ten que ser o que serve de base para outras figuras semellantes ou que cumple as normas e trazados do que se considera modelo.

Moeda de Knosos e estado actual do gravado


Si se considera canónico o modelo representado na moeda cretense do século III aC, e que foi usada comparativamente polos primeiros que o estudaron, resulta vergoñentamente evidente que non é, nin de lonxe, parecido. En primeiro lugar, ten no seu centro un oco, non tén o trazo que completaría a cruz central e unha serie de trazos engadidos no que sería a entrada. Por todos estes motivos non podo recoñecerlle ningunha autoridade nin idoneidade como para dirixir o maior Parque da Arte Rupestre de Galiza, pois non acada o minimo esixible: rigor, imparcialidade e formación cientifica.

Como coido que quedou demostrado no meu post anterior neste mismo blog referido a Pedra da Moura Encantada, a pretendida figura do Labirinto non é tal, e só pode semellarse os Labirintos de referencia manipulando os seus trazos, tal como se aprecia na foto que ilustra o artigo no Faro de Vigo.

Chama a atención que a persona encargada de dirixir un Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre, non sexa quen de ver que a figura está manipulada, e que siga repetindo conceitos que levan mais de un seculo ancorados sin que ninguén os poña en dubida. Iso a pesares de que os gravados son moi visibles e non cabe outra interpretación.

No transcurso do ultimo seculo non se produciu nin un so avance na interpretación e o coñecemento do que alí estaba gravado. Non se engadiu nin unha soa idea ao preconizado polos seus descubridores, e toda unha serie de discipulos convertironse no seu momento nos mestres dogmaticos da seguinte xeración servil.

Un dos grandes mandamentos da Ciencia, e a arqueoloxía e unha delas, di: “Desconfia dos argumentos que proveñen da autoridade”. (Desde logo, os arqueologos, sendo primates e dados polo tanto as xerarquías de dominación, non sempre siguen este mandamento.) Demasiados argumentos de este tipo resultaron ser dolorosamente erroneos. As autoridades deben demostrar as suas opinions como todolos demáis. Esta independencia da ciencia, a sua reluctancia ocasional a aceptar a sabiduría convencional, faina peligrosa para doctrinas menos autocriticas ou con pretensións de servidume.

As probas da manipulación das imaxes feitas por Sobrino Buhigas e Sobrino Lorenzo quedan patentes o comparalas co orixinal e cos calcos mais recentes feitos con profesionalidade e utilizando novas tecnoloxías

E, pois, un feito moi grave que a manipulación inicial das figuras desviara o seu estudo cara a un calexon sin saida, pechando a posibilidade de avanzar no seu coñecemento e interpretación. E grave tamén, a falla de criterio dos arqueólogos que se achegaron o seu estudo e non foron quen de cuestionarse o dogma interpretativo deixandose levar con un sentido totalmente acritico que nos levou a perder un seculo de avance na investigación e interpretación dos gravados da Pedra da Moura Encantada, deturpando o seu nome e condeandonos a ter que escoitar unha e outra vez a repetición de mitos que nada teñen que ver con nos. Asistir impávidos ante as expresions xa superadas a nivel europeo que vinculan estes gravados coa cultura cretense, que mais ben teriamos que mudar por cultura cretina a teor de quenes siguen a usar esas verbas.

De todolos xeitos, considero necesario unha aproximación imparcial hacia a figura de Sobrino Lorenzo-Ruza, pois si ben contribuiu de un xeito admirable o estudo dos petroglifos galegos, ten no seu haber unha gran sombra pola manipulación das probas e que levaron a varias xeracións de arqueologos a plantexamentos claramente erroneos.

Pero diso falaremos outro dia...


viernes, 27 de enero de 2017

Un novo zoomorfo no petróglifo da Portela da Laxe, Viascón, Cotobade

Algunhas veces a utilización de novas tecnoloxias, ademais da simplificación e axuda que supoñen para a investigación, proporciona tamén agradables sorpresas.

No caso de hoxe, tratase do estudo do petróglifo da Portela da Laxe I de Viascón, Cotobade. Tratase de unha das estacións da arte rupestre galega mais citada pola singularidade de alguns dos motivos que nela aparecen representados.

Trátase das esvasticas, levógiras e destrógiras, paletas e algun motivo soliforme, todos eles moi pouco frecuentes dentro do repertorio da arte rupestre galega.

Foi obxecto de estudo por Sobrino Buhigas  nas deécadas dos 20 e 30 do século pasado, Lorenzo Ruza, Filgueira Valverde e Garcia Alen na década dos 50, o italiano Enmanuelle Anati na década dos 60, Garcia Martinez, Bouza Alvarez, de la Peña Santos, Vazquez Varela nos 70 e moitos outros até os nosos dias.

Por iso resulta sorprendente que ningún deses estudosos reparara na presencia da figura zoomorfa que vimos de descubrir no dito petróglifo. Tratase de representación de un cuadrupedo, posiblemente un cervido con dous pequenos cornos situado a dereita de unha combinación de circulos concentricos e practicamente no borde da rocha.



Debemos resaltar que no calco feito por Antonio de la Peña Santos, figuran dous dos trazos que delimitarian o colo e o lombo do zoomorfo. Os 35 anos transcurridos desde a sua realización non fan mais que confirmar o seu bo facer na lectura e a fiabilidad dos calcos, pois non foi senón co uso das mas modernas técnicas que poido facerse visible a figura completa.

O método utilizado por nos, anque xa coñecido e utilizado desde os anos 70 non foi senon até o advenimento de modernos procesadores que pudo ser usado a gran escala.

Trátase da reconstitucion fotogrametrica dixital, utilizada previamente en topografía e representación do territoriO, pero levada a microtopografia, como neste caso.



Este é un mosaico feito a partir de 234 fotografías que cobren a totalidade da rocha e que conforman o paso previo para o seu analisis e reconstitucion dixital. A pertires de este mosaico crease unha nube de puntos densa, (neste caso mais de 23 millons de puntos) co cálculo unitario das súas coordenadas espaciais que permite unha representacion fidedigna do seu relevo, con unha precision submilimetrica, mais que suficiente para permitir apreciar o relevo a pesares do estado lamentable en que se atopa a rocha, totalmente colonizada por distintos tipos de liquens, musgo e diversas plantas que medran nos seus intersticios.



O resultado, como se pode apreciar, e a falta de un tratamento mais especializado, e mais que suficiente para apreciar a maioria dos motivos. Estes poden ser resaltados con distintas aplicacións informaticas que colorean o relevo en funcion da sua cota no eixe Z.

domingo, 21 de agosto de 2016

A PEDRA DA MOURA ENCANTADA


A PEDRA DA MOURA ENCANTADA


O MITO DO lABERINTO DE MOGOR

(1)







Debuxo orixinal de Enrique Campo . Museo de Pontevedra
O subtitulo desta entrada fai referencia a que considero un mito o feito de pretender que o gravado presente na Pedra da Moura Encantada sexa, como se estableceu de facto, un laberinto de tipo cretense ou clasico ( uso o termo cretense  a sabendas que é erroneo pois iso implicaría unha orixe e unha epoca historica completamente afastada do noso contexto).

Non farei referencia nesta primeira entrega os demais laberintos que cada vez en maior numero vanse engadindo o catalogo destas figuras na arte rupestre galega.


ooooooOOOOOOoooooo

Fai xa mais dun século que se descubriron os gravados da Pedra dá Moura Encantada en Mogor, Marín e o seu descubrimento supuxo a entrada na prehistoria galega dunha palabra e un concepto asociado a ela que ata entón estiveran ausentes nas publicacións da epoca E certo que apenas se estaban a poñer os alicerces do que serían os primeiros estudos da arte rupestre e da prehistoria galega en xeral, elo pode xustificar os erros que se cometeron na sua descripción e interpretación.
  
Os gravados eran, para os descubridores, extremadamente novedosos pois un deles gardaba semellanza coa figura de un labirinto, tal como aparecia representado en moedas cretenses e que xustificaban ás arelas dun pasado clasico, concretamente mediterraneo, dos descubridores. Os efectos foron tan negativos que levaron por un afán clasista e cultural a cambiarlle o nome a rocha que desde entón pasou a chamarse Pedra do Labirinto.

Para reforzar esa vinculación cretense, non dubidaron en recorrer a manipulación gráfica  dos elementos achados, cuxos desastrosos resultados aínda perduran nos nosos dias. E probable que dita manipulación fose accidental, pero coñecido o rigor co que se acercaban as descripcións, esa posibilidade non semella moi veridica.


As probas de tal manipulación levan tantos anos ante os nosos ollos que a forza de velas constantemente pasan desapercibidas.

Corpus Petroglyphorum Gallaecia, 1935

A identificación do gravado principal con un labirinto de tipo cretense só é posible manipulando a figura alí representada. Vemos como desde as mais antigas descricións graficas, sobreponse ao gravado orixinal un motivo en cruz central que non existe na roca. A colocación dese motivo vén dada pola necesidade de semellalo ao motivo impreso nunha moeda de referencia e poder facer así unha comparación válida con este.

Comparativa co gravado sin manipular

As negativas consecuencias dese proceder podemos atopalas inda hoxe en publicacións divulgativas mais ou menos rigorosas e, o que nos parece mais grave, na información que desde o Centro Arqueolóxico de Mogor estase transmitindo aos visitantes, centros educativos incluídos.




Se borramos a figura do labirinto das nosas mentes, vendo esta imaxe podemos apreciar unha forma serpentiforme con varios trazos engadidos no que sería a cabeza e que recibiron multiples interpretacións. Creo que teñen vinculación co obxecto representado, coa posible función presumida a dita forma e poden representar as ofrendas que habería que facerlle para conquerir o fin solicitado.

Non importou que na tradición oral e no folklore galego non existise ningunha referencia a esta figura, nin que para os veciños do lugar fose unha fugura absolutamente descoñecida. Para eles era simplemente a representación da moura encantada, e tiñan razón.

É abundantisima a bibliografia referida ás mouras e os encantamentos, e que moitas veces maniféstanse en forma de serpe á que hai que levar algun tipo de ofrenda para desencantala e que conceda os desexos que se lle soliciten, polo que non vou a citala porque coido qué e de sobra coñecida. Con todo para os descubridores este feito pasou absolutamente desapercibido ou ben simplemente ignorouse.

Lamentablemente, o folklore que sen dúbida estaba relacionado con este gravado non foi recollido no seu momento polos primeiros investigadores, o que nos dificulta, ata certo punto, a súa interpretación.

No entanto contamos coa descripcion do relativo a unha roca próxima, a Pedra de Namorar hoxe desaparecida ao que acudian as parellas con dificultades para procrear e que tiñan que efectuar o coito sobre devandita rocha. Nela din os informantes que había unha serpe gravada.


A primeira imaxe que se vén á cabeza ao observar o gravado da Pedra dá Moura Encantada é a dunha serpe plegada sobre si mesma.




© 2011 Thomas Eimermacher

Non creeo que o parecido sexa simplemente accidental, ao contrario, creo estar en presenza dunha das representacións mais realistas da fauna na arte rupestre galego, mais alá da pretendida, e para min erronea, atribucion de serpe ao gravado reticulado da Pedra dá Boullosa en Campo Lameiro. A maiores deberia engadir que das oito representacións de laberintos galegos coñecidas, e a única que presenta distintos trazos na sua entrada. Este simple feito xa o fai distinto de todolos outros e por iso mesmo merecente de unha aproximación distinta a sua interpretación.





Non deixa de ser significativo o feito de que da inmensa maioría das rochas con gravados rupestres en Galicia, caseque as únicas que teñen lendas asociadas son as que teñen representacións serpentiformes. Este simple feito debería facer reflexionar aos distintos investigadores que desde distintos prismas achegáronse ao estudo destas figuras. Desgraciadamente, o cambio de nome da roca, a pobreza imaginativa e un certo clasismo intelectual da maioría dos que se achegaron ao seu estudo fixo que se repetisen unha e outra vez o mesmo estereotipo descriptivo. Os trazos do suposto labirinto impediron a visión do que representaban. 

Sobre esta figura vertéronse rios de tinta e son innumerabeis as interpretacións a cada cal mais rara. Moitas delas deberían estar proscritas da literatura cientifica pois entran no esoterismo mais comercial e acentifico mentres que outras, benintencionadas sen dúbida e que buscan unha interpretación astronomica, caen polo seu propio peso ante a endeblez dos datos e sobre todo porque ao noso entender, parten dunha premisa erronea.



 Coido por tanto que o que o mal chamado Labirinto é, en realidade, a representación fidedigna do mito da moura-serpe, tan comun no noso folklore e que por un erro na sua lectura e interpretación levou a perpetuar unha interpretación errada até o punto de sustituir o propio nome da rocha que debería, desde xa, voltar a sua denominación tradicional: Pedra da Moura Encantada




Seguirá.....


lunes, 1 de agosto de 2016



Para todos os rapaces da postguerra nacidos na parroquia de San Martiño de Moaña, a cova da Paralaia era o compendio de todolos misterios, o máxico lugar onde unha moura belisima saia na noite de san Xoán a asollar os seus encantos, até que algun atrevido se decidira a ir a desencantalos. Moitas e moitas noites pasei de rapaz soñando coa moura de Paralaia... Cando xa mais mociño falei con algunhas persoas que me afirmaban haber entrado na cova na percura da moura e describian o local como unha grande boveda da que partian alomenos sete tuneis en distintas direccións, un deles disque até as illas de Ons, outro a Darbo, outro o Buraco da Londra en Tirán, outro até o rio de Meira... xa non me quedaron dubidas de que tería que ir a descubrir a cova. Así con un puñado de mozos, armados con cordas e unha machada, aló fomos tentando de atopala. A decepción foi grande o descubrir que a suposta cova non pasaba de ser un modesto abrigo debaixo do gran outeiro de pedra que lle da nome: A Paralaia.

Daquela serpe en que se convertía a moura encantada, hoxe non queda mais que o camiño que serpentea arredor da gran laxe, cecais como a desacralización e devaimento do mito.

Hoxendia, esta cova da Paralaia virtual, agardo que sexa o lugar on ir desvelando os segredos, as inquietudes, vivencias ou fontasías que xa na última etapa da miña vida vou a ir desvelandoa medida que vaian saindo do meu maxín.

A todolos visitantes, o meu recoñecemento por parar nista paxina a botar unha ollada. Que se sintan comodos e o meu desexo, e cos comentarios(si houbera) aprenderiamos xuntos.